Arredor de 340 escolares da cidade de Ourense participarán este xoves na tradicional Regueifa de Comadres e Compadres

Ourense dará oficialmente a benvida ao Entroido de 2026 este xoves, 12 de febreiro – Xoves de Comadres– na Praza Maior coa tradicional batalla de Comadres e Compadres. Unhas 340 alumnas e alumnos de primeiro a cuarto de Educación Primaria, xunto con estudantes de Educación Especial de oito colexios da cidade —Vistahermosa, Mestre Vide, Manuel Sueiro, As Mercedes, O Couto, Maristas e o CEE Miño— participarán nesta edición.
Previo ao evento, nos propios centros educativos leváronse a cabo obradoiros impartidos por profesionais, onde o alumnado elaborará os seus compadres e comadres e coñecerá o significado histórico desta tradición.
A actividade principal desenvolverase entre as 11:30 e as 13:00 horas na Praza Maior, coa seguinte programación. Ás 11:30 comezarán as loitas de compadres, onde as nenas defenderán as súas figuras ante os intentos dos nenos por capturalas. Ás 12:00 será a quenda das loitas de comadres, con os nenos protexendo as súas figuras fronte ás nenas. Ademais, haberá música e actividades para fomentar a convivencia e a participación nunha das tradicións máis queridas da cidade.