As cámaras de acceso ao centro histórico de Ourense e os novos radares entrarán en funcionamento esta semana
OurenseXa
A medida farase efectiva o mates 16 de setembro

13 Sep 2025
O Concello de Ourense anunciou que o próximo martes, 16 de setembro, coincidindo coa Semana da Mobilidade, entrarán en funcionamento as cámaras que regulan o acceso de vehículos ao centro histórico. Ademais, activaranse dispositivos de control de velocidade en varias rúas da cidade mediante radares.
Desde o goberno local fan un chamamento á colaboración da cidadanía e, en particular, das persoas condutoras, para respectar tanto as normas establecidas pola Dirección Xeral de Tráfico como a ordenanza municipal de circulación.