Baños de Molgas acolle unha xornada de formación en defensa persoal femenina

OurenseXa
A iniciativa busca capacitar ás mulleres en técnicas de prevención e autodefensa, fomentando ao mesmo tempo a confianza e a autonomía persoal
autodefensa-defensa-persoal
12 Sep 2025

O domingo 14 de setembro, o Pavillón Municipal de Baños de Molgas será o escenario dunha xornada práctica e teórica de defensa persoal feminina, organizada polo Concello en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade. A actividade desenvolverase de 9:00 a 13:30 horas.

O obxectivo desta formación é ofrecer ás participantes ferramentas e técnicas que axuden a mellorar a súa seguridade persoal, combinando teoría e práctica. Entre os contidos principais destacan a parte teórica, centrada en aspectos psicolóxicos e implicacións legais; e a parte práctica, onde se traballarán técnicas de respiración, observación, valoración, estratexias efectivas e reacción ante ataques físicos, incluíndo a protección fronte a armas brancas.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 988 43 00 00 ou de xeito presencial no Concello de Baños de Molgas.

Esta iniciativa busca capacitar ás mulleres en técnicas de prevención e autodefensa, fomentando ao mesmo tempo a confianza e a autonomía persoal.

⚙ Configurar cookies
0.12710499763489