Baños de Molgas inicia novas clases de ximnasia e pilates

OurenseXa
As clases de Pilates estarán destinadas ao grupo escolar e comezarán este luns
pilates-
13 Sep 2025

O Concello de Baños de Molgas pon en marcha un programa de novas actividades deportivas destinadas a mellorar a saúde, a postura e liberar estrés entre os veciños e veciñas. As propostas inclúen clases de Ximnasia e Pilates, adaptadas a distintos horarios e espazos.

As sesións de ximnasia, que se celebrarán no Polideportivo, terán lugar os luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas, a partir do 15 de setembro. Pola súa banda, as clases de Pilates, destinadas ao grupo escolar, desenvolveranse os mércores de 18:00 a 19:00 horas e os venres en dous horarios: de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 horas.

O Concello anima a todos e todas a sumarse a estas actividades para gañar saúde, vitalidade e benestar, fomentando hábitos de vida activos na comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.13195991516113