Baños de Molgas pon en marcha unha nova edición dos Obradoiros de Dinamización

O Concello de Baños de Molgas inicia un ano máis os seus Obradoiros de Dinamización, unha serie de actividades gratuítas pensadas para aprender, compartir e pasar un bo rato, abertas a toda a veciñanza.
A programación comezará o 16 de setembro coa alfabetización dixital, que se prolongará ata o 27 de novembro, permitindo aos participantes mellorar as súas competencias tecnolóxicas. Xa en xaneiro, do 8 ao 26 de marzo, celebraranse talleres de memoria, centrados en fortalecer as capacidades cognitivas e manter a mente activa. Por último, do 7 de abril ao 25 de xuño, levarase a cabo un obradoiro de reciclaxe creativa, no que os asistentes aprenderán a reutilizar materiais dun xeito innovador e divertido.
As persoas interesadas poden anotarse presencialmente no Concello ou chamando ao 988 43 00 00.