Barbadás abriu a convocatoria de axudas para libros e material didáctico en Educación Infantil

OurenseXa
O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 11 de outubro
material-escolar
13 Sep 2025

O Concello de Barbadás convoca novamente a súa liña de axudas económicas destinadas á adquisición de libros e material didáctico para o curso 2025-2026, enfocadas a unidades de convivencia en desvantaxe social ou con menor poder adquisitivo.

Estas subvencións, que poden alcanzar un máximo de 100 € por neno ou nena, están pensadas para facilitar a compra de recursos necesarios nos ciclos de Educación Infantil. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 11 de outubro.

Esta iniciativa busca apoiar ás familias con menos recursos, garantindo que todos os menores dispoñan do material necesario para o seu desenvolvemento educativo no inicio do novo curso.

⚙ Configurar cookies
0.12503695487976