Barbadás acollerá nos vindeiros meses cursos para aprender a navegar polo mundo dixital

OurenseXa
A veciñanza poderá mellorar as súas habilidades tecnolóxicas e aprender a utilizar diferentes aplicacións e ferramentas en internet a través de catro cursos entre os meses de marzo e xuño
trabajo_internet_ordenador_recurso
17 Feb 2026

O Concello de Barbadás pon en marcha unha serie de cursos dirixidos á veciñanza que queira mellorar as súas habilidades tecnolóxicas e aprender a utilizar diferentes aplicacións e ferramentas en internet.

O curso de iniciación ao mundo dixital terá lugar os días 16, 17, 18 e 20 de marzo, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Xa en abril, os días 6, 7, 8 e 9, de 16:00 a 19:00 horas, impartirase unha formación sobre apps útiles para a xestión de trámites na internet.

En maio, do 4 ao 7, de 10:00 a 13:00 horas, será o turno de aprender sobre seguridade dixital para protexer o mundo virtual, e en xuño, do 1 ao 4, de 16:00 a 19:00 horas, os participantes poderán descubrir apps de ocio dixital para desfrutar e aproveitar mellor as tecnoloxías.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 988 360 413 ou enviando un correo a cet@barbadas.es. O obxectivo destes cursos é facilitar o acceso á tecnoloxía e fomentar un uso seguro e práctico das ferramentas dixitais no día a día.

⚙ Configurar cookies
0.082108974456787