Barbadás homenaxeou aos Follateiros de Lobios na IV edición das Mascaradas Ancestrais

Barbadás celebrou esta fin de semana a cuarta edición das Mascaradas Ancestrais, que este ano estiveron dedicadas aos Follateiros de Lobios, dentro do programa de actividades impulsado desde o Concello para celebrar o Entroido.
A xornada comezou co desfile dos Follateiros, que partiu desde a Casa do Concello ata o Museo da Gaita de Fole, e que estivo amenizado pola batucada Os Trebóns de Nova Fronteira. Ao rematar, o Concello celebrou unha ceremonia para homenaxear a estas figuras do Entroido tradicional de Lobios, seguida de actuacións musicais a cargo das Pandereteiras da Raia, de Grou, e do grupo Picafoles.