Castromao, un dos asentamentos castrexos mellor conservados da provincia de Ourense

OurenseXa
O Xacemento Arqueolóxico de Castromao conta con 70 estructuras entre as que se atopan dende vivendas familiares ata unha muralla de case 500 metros de lonxitude
castromao-recurso
Castromao, Celanova
1 may 2024

O Xacemento Arqueolóxico de Castromao, en Celanova, é un dos castros mellos conservados na provincia de Ourense, e un dos máis importantes das cultura castrexa.

O asentamento, que data da idade de Ferro, estivo habitado dende o século VI ou V a.C. ata o século II d.C. Situado na cima do monte sobre o lugar de Santa María de Castromao, foi una antiga cidade prerromana chamada Coelióbriga, nome que facía honra aos seus habitantes, a tribu Coelerni.

En total, as sucesivas excavacións nesta zona deixaron ao descuberto 70 estructuras entre as que se poden atopar antigas vivendas e una muralla cunha lonxitude de 485 metros.

Na cima do monte atópanse os primeiros asentamentos, os máis antigos e característicos da cultura castrexa, coa sua típica planta de forma circular. Nas zonas máis baixas comézanse a ver tamén estructuras rectangulares que amosan a influencia romana da zona.

Dende 2019, Castromao goza do distintivo de Ben de Interese Cultural, grazas a súa relevancia histórica e á excelente conservación do asentamento. No lugar apareceron restos arqueolóxicos de gran importancia, como o trisquel calado de Castromao ou a tábula de Castromao, que recolle o pacto de hospitalidade entre cos antigos colernos e os romanos. Ademáis, foi neste asentamento onde se atopou o chamado tesorillo, que conta con 64 moedas que datan do século I d.C, así como una figura zoomorfa que, ao igual que o resto de pezas, está gardada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.