Celanova acollerá o vindeiro domingo un concerto de Fin de Ano
OurenseXa
Estará a cargo de María José Mosquera Seoane e a Banda de Música de Celanova

24 Dec 2024
Celanova acollerá o vindeiro domingo, 29 de decembro, un concerto de ‘Órgano e Vento’ na Igrexa Parroquial. A cita estará a cargo da artista María José Mosquera Seoane, que estará acompañada polos membros da Banda de Música de Celanova.
Será na Igrexa Parroquial ás 19.00 horas, como parte da programación de Nadal posta en marcha dende o Concello de Celanova.