Celanova celebra a Festa de San Rosendo este domingo

Celanova celebrará o próximo domingo, 1 de marzo, a tradicional Festa de San Rosendo, patrón da vila, cun programa de actividades que combina música, tradición e gastronomía.
A xornada comezará ás 10:00 horas cunha xuntanza de coches clásicos e motos chopper e custom. Ás 10:30 horas, a Banda Municipal de Celanova percorrerá as rúas da vila nunha pasarrúsa.
Ao mediodía, ás 12:00 horas, celebrarase a Misa Solemne, seguida da procesión en honor ao patrón. Posteriormente, ás 13:00 horas, a Banda ofrecerá un concerto no Claustro Barroco.
O programa continuará cun xantar popular ás 14:00 horas no Refectorio, acompañado da actuación do grupo Os Ronquiños. O menú, que inclúe sopa de pedra, bacallao con patacas e ovos cocidos, leite fritida, bebida, chupitos e un prato de agasallo, terá un custo de 12 euros para reservas realizadas antes do 26 de febreiro e de 15 euros para reservas posteriores.
As reservas poden realizarse chamando aos teléfonos 696 021 301 ou 603 930 021.