Centos de escolares dos centros de ensino de Barbadás participaron nos desfiles do Entroido de 2025

OurenseXa
O alumnado do CEIP Filomena Dato, do CEIP O Ruxidoiro e do CPR Luis Vives luciu os seus disfraces ante centos de familias nunha celebración que este ano tivo que trasladarse ao interior dos centros por mor da chuvia
desfiles-entroido-barbadas
14 Feb 2026

O alumnado dos colexios CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luis Vives protagonizou este venres unha xornada marcada pola creatividade, a música e o ambiente festivo, coa celebración dos tradicionais desfiles escolares de Entroido, unha cita que nesta ocasión se viu obrigada a desenvolverse nas instalacións dos propios centros educativos debido á chuvia.

Centos de familias achegáronse aos patios dos centros educativos para gozar das propostas elaboradas por estudantes e docentes, que amosaron orixinais disfraces e coreografías nun acto organizado pola Concellería de Educación.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o tenente de alcalde, Daniel Rey, asistiron aos desfiles para acompañar á comunidade educativa. “É un gusto ver a orixinalidade e o traballo detrás dos disfraces de alumnos e profesores”, destacou o rexedor, poñendo en valor a implicación dos centros nunha das citas máis sinaladas do calendario festivo.

⚙ Configurar cookies
0.08259105682373