Centos de persoas déronse cita en Vilanova dos Infantes na XXI Romaría Raigame
Cada 17 de maio, Vilanova dos Infantes viaxa no tempo para festexar a Romaría Raigame, unha cita etnográfica que pon en valor os oficios tradicionais e que este ano festexou a súa vixésimo primeira edición coa vista posta nos "dulceiros".
Pese á predicción de choiva, o tempo respetou a celebración desta cita durante a maior parte do día, onde centos de visitantes puideron gozar dos 120 postos de oficios tradicionais, artesanía en xeral e gastronomía, que estuvieron distribuídos entre o interior e o exterior do núcleo de Vilanova dos Infantes.
A romaría deste ano fixou a mirada na actividade artesanal da docería, tan rica, non só nas terras de Celanova, senón tamén ó longo e largo das distintas comarcas da provincia de Ourense.
A esta intensa representación expositiva sumáronselle, coma en anteriores edicións, tódalas actividades de música, danza, representacións escénicas, etc., coa presenza, unha vez máis, dos danzantes de Vilanova e da Banda de Música de Vilanova á cabeza, que volverán a converter a Vilanova dos Infantes na capital do Día da Cultura Galega.
Dende a organización lembran que para esta edición recibiron preto de 150 solicitudes, un dato que amosa o inmenso potencial desta cita etonolóxica, pero lembran que a configuración da trama urbana de Vilanova dos Infantes (unha das razóns polas que a romaría resulta tan atractiva), non permite a instalación de máis espazos, tanto dentro coma fóra do burgo.
A romaría Raigame está organizada e financiada polo Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo, organismo dependente da Deputación provincial de Ourense, e conta cunha colaboración económica da Axencia de Turismo de Galicia e de Abanca, así como coa inestimable colaboración da parroquia de San Salvador de Vilanova e outras entidades coma o Museo Etnolóxico de Ribadavia ou a coral De Ruada e, dun xeito especial coa implicación veciñal, sen a cal sería imposible que Raigame teña chegado a ser a fermosa realidade que é hoxe.
Luis Menor reivindica Ráigame como o eixo central do Día das Letras Galegas
Menor definiu a Raigame como “un dos tesouros etnográficos da nosa provincia e, como tal, desde a Deputación mimamos esta cita como se merece, sendo un fiel reflexo da idiosincrasia galega, un xeito diferente para nos sentir orgullosos da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa tradición”. Tamén animou o presidente provincial aos asistentes “a disfrutar, viaxando no tempo”, cun protagonismo destacado para os doces, xa que este ano a organización adícalle esta romaría a unha actividade ou oficio con raíces na cultura popular, e nesta edición o protagonismo é para a Repostería, “cun especial recordo para “As isoliñas” e os seus bolos que tanto se lembran en Celanova”.
Por último, Luis Menor agradeceu a todos os participantes “por acudir a este referente da difusión e transmisión da cultura popular e tradicional para toda Galicia”, sinalando que asiste xente de todas as provincias galegasd, así como de Zamora, León, Asturias e Portugal. E tamén manifestou o seu agradecemento á organización “polo seu empeño de seguir subindo o nivel de Raigame ano tras ano, algo que non é fácil pero que gracias ao traballo ben feito supéranse en cada edición”.
Menor tamén participou no descubrimento do selo conmemorativo de Raigame, deseñado pola Asociación Filatelia Miño de Ourense.