Controlado o incendio forestal en Carballeda de Valdeorras e estabilizado outro foco na Mezquita

OurenseXa
O lume en Casaio calcinou unhas 850 hectáreas
incendios-motobomba
9 Sep 2025

O incendio forestal no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, quedou controlado ás 18:45 horas da tarde de onte, segundo á Consellería de Medio Rural.

O lume, que se iniciara ás 14:56 horas do pasado sábado, afecta segundo as últimas estimacións a unha superficie de 850 hectáreas. Para os labores de extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 32 axentes, 52 brigadas, 34 motobombas, 4 PAS, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 4 avións.

Ademais, a Consellería informa de que un incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Vilavella, quedou estabilizado ás 20:40 horas de hoxe. O lume comezou ás 18:24 horas desta mesma xornada e afecta a unha superficie estimada de 20 hectáreas. Nos traballos de extinción participan 1 técnico, 2 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está dispoñible para a cidadanía o teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de detectar un incendio forestal. Así mesmo, ponse á disposición da veciñanza o 900 815 085, un número gratuíto e anónimo para denunciar calquera actividade incendiaria sospeitosa ou delituosa.

⚙ Configurar cookies
0.17266607284546