Cruz Vermella atendeu en Ourense a 178 pacientes a través do programa de Atención Integral a Persoas con Enfermidades Avanzadas

OurenseXa
Cruz Vermella desenvolve en Ourense desde o ano 2024 este programa da Fundación “la Caixa”, a través dun convenio co Sergas, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de enfermidade crónica ou avanzada
Cruz Vermella Ourense
Voluntarios de Cruz Vermella Ourense
18 May 2025

A Sala Cabaleiro Goás do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) acolleu esta semana a presentación do traballo realizado por Cruz Vermella no marco do programa de Atención Integral a Persoas con Enfermidades Avanzadas da Fundación “la Caixa”. A sesión tamén foi retransmitida en directo para o persoal dos centros de saúde da cidade.

O programa desenvólvese mediante un convenio co Servizo Galego de Saúde (Sergas) e ten como finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades crónicas e/ou avanzadas, atendendo aos seus aspectos emocionais e sociais.

Por iso, resulta fundamental a coordinación entre o Sergas e o persoal técnico de Cruz Vermella en Ourense, xa que a atención sanitaria se complementa con equipos profesionais que ofrecen intervención psicosocial, permitindo así unha atención integral a pacientes e familiares. En Ourense, o equipo está formado por dúas psicólogas e unha traballadora social.

Jesús Carballo, responsable do proxecto en Cruz Vermella, presentou o balance dos últimos meses, abordando as diferentes formas de colaborar para acadar unha atención máis rápida e eficaz ás persoas con necesidades de apoio psicolóxico, emocional e/ou social. Estivo acompañado por Belén Piñeiro, xefa do Servizo de Humanización e Atención ao Paciente do CHUO, e por Xosé Lois Gutiérrez, subdirector de Calidade, Humanización e Atención á Cidadanía do CHUO.

Datos en Ourense

  • En 2024 foron atendidas 178 persoas pacientes e 289 familiares, entre eles 2 menores de 10 e 12 anos.
  • O perfil maioritario de paciente correspóndese cunha muller maior de 80 anos.
  • En canto ao tipo de patoloxía, o 84,8 % dos casos correspondía a enfermidades non oncolóxicas.
  • O 80 % das derivacións ao programa realizáronse desde os centros de saúde de atención primaria.
⚙ Configurar cookies
0.15978384017944