Derradeiros días para inscribirse nas aulas de Nadal do Concello do Pereiro de Aguiar

OurenseXa
As aulas funcionarán os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2025, e os días 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026
aula-concilia-pereiro-nadal
10 Dec 2025

O prazo de inscrición para participar na Aula Concilia durante as vacacións de Nadal 2025/2026 do Concello de Pereiro de Aguiar estará aberto ata o 12 de decembro. A actividade está dirixida a familias con nenos e nenas matriculados desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria (nados entre 2014 e 2022), co obxectivo de facilitar a conciliación durante as festas.

As aulas funcionarán os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2025, e os días 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026, as inscricións poden realizarse de forma presencial ou a través da sede electrónica do Concello. A lista de admitidos publicarase o 15 de decembro.

As familias que non utilizaron este servizo durante o curso deberán presentar a solicitude e a documentación completa, mentres que as usuarias habituais só deberán entregar a folla de inscrición cuberta.

⚙ Configurar cookies
0.083814859390259