Descubrindo o patrimonio: a Catedral de San Martiño


A Catedral de San Martiño, en Ourense, é un maxestoso templo de orixe románico que se erixe no corazón da capital. Escondida entre os edifios, as súas torres álzanse sobre os tellados da cidade.
Dedicada a San Martiño, patrón de Ourense, é un dos edificios relixiosos máis destacados de Galicia, non só pola súa beleza arquitectónica senón tamén pola súa historia e valor patrimonial. A catedral foi erixida sobre unha igrexa visigótica máis antiga e as súas orixes remontarse ao século XII, cando comezou a súa construción, que se prolongou ata o século XIII, con diversas modificacións e ampliacións en séculos posteriores. Aínda que o edificio orixinal era de estilo románico, co tempo foron engadíndose elementos góticos e barrocos, reflectindo así as distintas etapas históricas e artísticas polas que pasou.
A arquitectura da Catedral de Ourense destaca principalmente polo seu estilo románico con influencias góticas. A planta do templo ten forma de cruz latina, cunha nave central e dous laterais. Unha das xoias arquitectónicas da catedral é o Pórtico do Paraíso, inspirado no famoso Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. A catedral tamén conta cun impoñente retablo barroco no altar maior, que contrasta coa sobriedade románica do resto da estrutura.
Entre os tesouros patrimoniais da catedral atópanse numerosas pezas de arte sacra, esculturas, retablos e tallas de gran valor histórico e artístico. A Capela do Cristo é outro dos elementos emblemáticos do templo, onde se atopa a imaxe de Cristo Crucificado, unha talla que data do século XIV. Ademais, a catedral conserva un importante tesouro no seu arquivo, que inclúe documentos históricos e códices antigos.
A Catedral de San Martiño é un símbolo da historia e a identidade de Ourense. En 1931, foi declarada Monumento Nacional, recoñecemento que subliña o seu valor patrimonial e a necesidade de preservar este legado.
