Descubrindo o patrimonio: a Torre de Sande
Situada entre os ríos Miño e Arnoia, no Concello ourensán de Cartelle, sobre un penedo granítico de 506 metros de altura, atópase un dos monumentos máis representativos do feudalismo galego: a Torre de Sande. Pese ao seu actual estado de abandono, segue a ser un atractivo turístico de enorme valor patrimonial.
Este vestixio medieval, situado nunha paraxe rural rodeada de natureza, é considerado un dos exemplos máis representativos da arquitectura defensiva galega. A construción, de orixe incerta, data probablemente do século XIII ou XIV e foi erixida como parte dun sistema defensivo da nobreza galega para protexerse de incursións e rivalidades entre liñaxes. A torre, de planta cadrada, presenta muros grosos de pedra granítica que aínda conservan as memorias da grandeza do que o seu día foi esta fortaleza. A través das súas estreitas xanelas, pódese imaxinar a función defensiva que desempeñou no seu apoxeo.
A Torre de Sande foi testemuñade episodios crave na historia de Galicia, vinculados a conflitos como as guerras entre a nobreza e a baixa nobreza durante a Idade Media. A pesar do seu estado ruinoso, moitos destacan a beleza e o simbolismo da torre como parte da identidade da comarca, e son moitas as voces que se alzan para pedir que non se deixe caer no esquecemento.
O deterioro sufrido polo paso do tempo e a falta de mantemento fan que hoxe, un dos monumentos de maior valor histórico da comarca, representación do feudalismo galego, estea practicamente derruído, complicando o acceso aos que intentan achegarse a él, debido á intensa maleza que hai na súa contorna.