Down Ourense reivindica a incusión real das persoas con Sídrome de Down
Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, dúas mulleres usuarias da asociación Down Ourense, en representación dos demais membros da entidade, reivindican este 21 de marzo os dereitos do colectivo cunha xornada de sensibilización no colexio Maristas da cidade. Por iso, hoxe, falamos co equipo de profesionais desta asociación, que leva máis de 20 anos loitando polos dereitos das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.
¿Cómo nace esta Asociación?
No ano 2003 un grupo de pais e nais de persoas con Síndrome de Down decidiron crear un centro que favorecese a participación dos seus fillos ao longo da súa vida na sociedade, en garderías ordinarias, centros educativos ordinarios, empresas ordinarias, xa que ata ese momento non existían entidades que favorecesen a súa inclusión social.
¿Cal é a misión principal de Down Ourense?
A asociación Down Ourense é unha asociación sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública polo Ministerio de Interior no ano 2007, A nosa misión é a de mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, así como a das súas familias, mediante un proceso de normalización baseado na integración e na súa participación plena na sociedade, por medio dos apoios necesarios para alcanzar a maior autonomía e independencia posibles.
¿A cantas persoas atendedes actualmente?
Atendemos a 92 familias de persoas con discapacidade intelectual e Síndrome de Down en particular.
¿Cales son vosas principais liñas de acción?
Down Ourense ofrece un servizo de promoción de autonomía persoal no que se inclúen un conxunto de programas e actividades que prestan unha atención integral ás persoas con discapacidade desde o momento do seu nacemento ata a idade adulta, partindo dunha intervención integral e individualizada e cun obxectivo fundamental: que as persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, sexan os protagonistas da súa propia vida potenciando a súa autonomía e toma de decisións e cun proxecto de vida, como cidadáns activos.
Dentro do servizo de promoción de autonomía persoal abarcamos varias áreas de actuación, como son a área de atención temperá, a área de educación, a área de formación laboral, a área de emprego con apoio, e área de inclusión social.
No ámbito educativo, todavía queda camino por andar para lograr unha verdadeira inclusión. ¿Hai un investimento real desde as administracións para conseguir un sistema educativo verdadeiramente inclusivo?
No ámbito educativo aínda se seguen vulnerando o dereito do alumnado para unha educación inclusiva. A falta de políticas que promovan a inclusión, así como a dotación en recursos humanos e materiais para facer efectivo este dereito, e que parte de diminuír a cociente de alumnado na aula para unha atención máis personalizada, así como ao formación en metodoloxías inclusivas, son claves para exercer ese dereito universal.
¿Que accións levades a cabo neste sentido?
Desde a Entidade traballamos cos centros educativos na orientación e formación ao profesorado en metodoloxías inclusivas partindo do marco do deseño universal da aprendizaxe que se contempla na lexislación, pero cun escaso desenvolvemento e sen dotación de recursos para poder implementalo nos centros educativos. Ademais, entre as actuacións que se contemplan dentro da área de Inclusión Educativa, levamos a cabo reunións coa Consellería de Educación trasladando as necesidades do alumnado e dos centros educativos e reivindicando os dereitos que teñen.
Neste sentido, temos un Convenio coa Consellería de Educación do 2012 onde se recollen as diferentes actuacións coa Consellería de Educación. Así mesmo, tamén se elaborou un Protocolo para a Inclusión Educativa das persoas con Síndrome de Sown e discapacidade intelectual como recurso ao profesorado para unha atención de calidade. Realízanse tamén accións de sensibilización co alumnado dos centros educativos para o respecto e valor á diversidade.
As persoas con síndrome de Down están totalmente capacitadas para levar unha vida completamente normal e, con todo, aínda existen moitos estigmas ao respecto. ¿Cales son os principais retos aos que se enfrontan?
O maior reto son as barreiras actitudinais e as crenzas que as persoas do montón teñen das persoas con Síndrome de Down. Desterrar mitos, e poñer en valor as capacidades son claves para seguir avanzando para unha inclusión social.
Respecto áintegración no ámbito laboral, ¿qué programas levades a cabo?
Dentro da área de formación e emprego, atópase o programa de formación laboral no que desenvólvense diversos perfís profesionais, sesións de novas tecnoloxías e sesións de comunicación e habilidades sociais, ademais do programa de emprego con apoio no que se promove a inserción laboral en empresas ordinarias baixo a metodoloxía do emprego con apoio. Ademais, colaboramos coa universidade de Vigo no desenvolvemento do programa da UNIDIVERSIDAD.