O Centro Cultural Marcos Valcácerl acollerá este venres a presentación de "Las certezas del sol", de Marita Carmona

Marita Carmona, nun exercicio de asimilación e experimentación, elaborou 20 debuxos a partir de 20 poemas da prodixiosa autora estadounidense Emily Dickinson. A artista recompila esta obra no libro "Las certezas del sol", que será presentado este venres, 13 de decembro, ás 19.00 horas na sede provisional do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Válcarcel.
A autora de Amherst deixou un legado de incalculable valor para o seu país e para a historia da literatura universal. A morte, a fe ou a ausencia de fe, a natureza e o amor son temas que o autor utiliza como ferramentas para crear imaxes a través das palabras. A poesía forma parte da súa esencia como persoa e precisamente por iso, Emily Dickinson rompeu moitas regras tradicionais de estilo que confundían aos seus contemporáneos. Marita Carmona, artista plástica e fervente lectora de poesía, entende a Emily Dickinson como un torrente de creatividade que atravesou o seu tempo en moitos aspectos. Cos seus debuxos, cheos de experimentación creativa, pretende plasmar a universalidade e a eternidade da temática e do estilo deses poemas.
Marita Carmona (Madrid, 1975) é unha artista plástica e galerista galega. A súa obra, case toda pintura e debuxo, indaga entre os espazos intermedios, entre a inconsciencia e a aparencia proxectada ao exterior. Traballos cargados de metáforas visuais e reflexións acerca da auto percepción humana e as súas limitacións. Nesta interpretación visual da poesía da inmortal Dickinson, Carmona realiza 20 obras en papel que falan por si soas e, ao mesmo tempo, dialogan coa autora a través do tempo e do espazo.