Esgos levará á veciñanza a Pazolandia o vindeiro 30 de decembro
OurenseXa
As persoas interesadas en asistir a esta actividade poden anotarse ata o día 22

18 Dec 2025
O Concello de Esgos mantén aberto ata o 22 de decembro o prazo de inscrición para participar na tradicional excursión a Pazolandia, que se celebrará o próximo 30 de decembro. Este evento, organizado cada ano pola Deputación Provincial de Ourense, ofrece unha xornada de atraccións e diversión destinada aos nenos e nenas dos concellos da provincia.
A entrada será gratuíta para empadroados no municipio. Para o resto de asistentes, o custo da entrada será reducido, cun prezo de 5 euros.