Especialistas de toda Galicia daranse cita en Ourense na XXX Reunión Galega de Tuberculose e Infección Respiratoria

Coincidindo coas celebracións do día mundial, Ourense terá esta semana o privilexio de acoller a 30 Reunión Galega de Tuberculose e Infección Respiratoria, organizada polo Servizo de Neumoloxía do Hospital Universitario de Ourense, da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR) que reunirá este venres día 28 no Centro Cultural Marcos Valcárcel a especialistas de toda Galicia. A reunión desenvolverase en xornada de tarde de 16.15 a 20.00 horas.
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Tiberculose, que tivo lugar este luns 24 de marzo, a Unidade de Tuberculose (TB) de Ourense súmase ao obxectivo da Organización Mundial da Saúde (OMS) de erradicar esta enfermidade, lembrando que a TB non discrimina por idade, sexo, nacionalidade ou condición social, e alertan sobre os estigmas que a vinculan á marxinalidade e non favorecen o diagnóstico precoz, que evita a diseminación e facilita o tratamento.
Con este motivo, Ourense terá esta semana o privilexio de acoller a XXX Reunión Galega de Tuberculose e Infección Respiratoria, organizada polo Servizo de Neumoloxía do Hospital Universitario de Ourense, da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR) que reunirá este venres día 28 no Centro Cultural Marcos Valcarcel a especialistas de toda Galicia. A reunión desenvolverase en xornada de tarde de 16.15 a 20.00 horas.
Desde a posta en marcha das Unidades de Tuberculose en Galicia, en 1996, a incidencia desta continúa descendendo progresivamente. Non si, como subliña a neumóloga responsable desta unidade en Ourense, Raquel Dacal Quintas, “Continúan a rexistrarse casos novos, 302 en toda Galicia e 34 en Ourense en 2023”. Esto representa na nosa Área Sanitaria unha taxa de 11,2 casos por cada 100.000 habitantes, nun posto medio a nivel galego, onde oscila entre unha incidencia do 5,9 e o 13,2 por cento.
Desde 2015, esta incidencia diminuíu en Galicia ata un 48,3 %, cunha redución anual do 7,7 %. A maioría dos casos rexistrados foron iniciais (95,4 %), mentres que o 4,6 % correspondeu a recaídas. A localización máis frecuente foi a pulmonar, que representou o 66,9%, fronte a 33,1 da extrapulmonar.
A nivel mundial a enfermidade causou 1,25 millóns de mortes e afectou a 10,8 millóns de persoas, incluídos 1,3 millóns de nenos. Aínda que previble e curable, a tuberculose segue sendo a principal causa de morte entre persoas con VIH e un desafío na loita contra a resistencia aos antimicrobianos.
Vías de contaxio, diagnóstico e tratamento
A tuberculose é unha enfermidade infecciosa causada pola bacteria Mycobacterium tuberculosis. Transmítese de persoa a persoa a través do aire cando unha persoa enferma tuse, esbirra ou fala. Non se contaxia por contacto físico, compartir obxectos ou alimentos.
O diagnóstico realízase mediante probas específicas, como a da tuberculina -ou Mantoux- análise de esputo e radiografías de tórax. A proba da tuberculina non permite distinguir entre infección ou enfermidade, polo que é preciso manter un seguimento e realizar outras probas, como análises de sangue. Ademais, tras a infección hai un período ventana, que pode oscilar entre as dous e as doce semanas, durante as que o Mantoux pode ser negativo, velaí a importancia do seguemento que realiza a UTB, que en Ourense está formada por unha especialista en neumoloxía, unha traballadora social e unha enfermeira.
Para determinados casos, tamén se dispón da proba IGRA (do inglés interferon-gamma release assay) ou ensaio de liberación de interferón-gamma, deseñada para complementar o diagnóstico de infección latente por tuberculose e incrementar a sensibilidade e especificidade, especialmente en persoas inmunizadas coa vacina de tuberculose, ou BCG, habitual nos maiores de 50 anos, xa que a finais dos 70 se discontinuou en España o seu uso sistemático nos recén nados (salvo no País Vasco onde se mantivo ata 2013). A BCG é recoñecible por deixar unha pequena cicatriz no ombro, deltoides, ou no muslo
O tratamento consiste na administración de antibióticos durante un período de entre catro e seis meses. De seguirse correctamente, a tuberculose é curable. Con todo, a falta de acceso a tratamento, ou a interrupción do mesmo, poden provocar tuberculose resistente aos medicamentos, o que dificulta a súa erradicación.
Asemade a doutora Dacal lembra a necesidade de descartar infección por tuberculose latente, especialmente en pacientes con VIH, silicose, nenos ou adultos en contacto cunha persoa diagnosticada de TB pulmonar, con antelación a instaurar un tratamento con fármacos biolóxicos, a un transplante ou diálise. Asemade aconsella avaliar a necesidade do seu estudo cando os usuarios pertencen a colectivos con alta incidencia de TB.
Tabaquismo
En Galicia, segundo os últimos datos dispoñibles, o tabaquismo identificouse como o principal factor de risco, presente no 24,2 % dos casos. Ademais, o 66,9 % das infeccións foron pulmonares, mentres que o 33,1 % afectaron a outros órganos.
A pesar dos avances, a tuberculose multirresistente segue sendo unha ameaza global. Só 2 de cada 5 persoas con tuberculose resistente aos medicamentos recibiron tratamento en 2023, o que aumenta as posibilidades reais de diseminación de cepas resistentes aos antibióticos máis habituais, e obrigará ao emprego de outros máis agresivos e con máis efectos secundarios