Investigadores ourensáns participan na creación dunha ferramenta dixital para xestionar a información das colmeas

OurenseXa
O proxecto beneficiará á apicultura galega mediante a dixitalización da información recollida nas visitas ás colmeas e co establecemento dunha rede de comunicación áxil
Colmena-recurso
Imaxe dunha colmena
24 Out 2024

A Universidade de Vigo, a Agrupación Apícola de Galicia e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia veñen de poñer en marcha o proxecto 'ApiConecta. Tecendo Conexións Dixitais para Fortalecer a Apicultura'.

Os investigadores traballarán na creación dunha ferramenta dixital que beneficiará á apicultura galega mediante a dixitalización da información recollida nas visitas ás colmeas e co establecemento dunha rede de comunicación áxil e bidireccional entre apicultores e persoal técnico.

Concretamente, da UVigo participa desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense un equipo do Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais liderado por Mª del Carmen Seijo, cunha dilatada traxectoria do grupo liderado por Carmen Seijo no desenvolvemento de proxectos de investigación destinados a promover a modernización do sector apícola e realizados en colaboración cos seus axentes. ApiConecta desenvolverase ata 2026 financiado polas axudas da Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia para proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027.

0.14286994934082