MOREA cumpre trinta anos loitando polos dereitos das persoas con enfermidades mentais
No ano 1994, unha nai con dous fillos con enfermidade mental grave entrou en contacto cos profesionais que había naquela época en Toén. Alí había unha psicólogo que había estado traballando en Madrid. Impulsados por ela, decidiuse crear unha asociación de familiares de persoas con enfermidades mentais. Así empezou, fai 30 anos, a Asociación de Familiares e Enfermos Mentais MOREA, que conta con sedes en Ourense, Verín, O Barco de Valdeorras e Lalín.
“En Ourense empezaron catro persoas, que se reunían no barrio da Carballeira” explica Alfonso Díaz, director da entidade desde 1996. Un día, conta, presentouse alí unha persoa con enfermidade mental que segue estando a día de hoxe en MOREA. “É a nosa socia número un. Ela chegou pedindo cousas para ela, non para as familias, e a partir de aí comezou a xurdir a idea e a necesidade de ter un local e de facer actividades para as persoas con enfermidade mental, así como para os seus familiares” . Así, no ano 95 alquilaron un local na rúa Monte Seixo e, no 96, trasladáronse a Marcelo Macías, onde continúan a día de hoxe.
Na cidade de Ourense, MOREA atende a 97 persoas con enfermidade mental, ás que hai que sumar aos seus familiares, polo que a cifra chega a triplicarse. En total, prestan axuda a máis de 150 usuarios directos, aos que hai engadir outras preto de 400 persoas tendo en conta ás familias.
A AFEM Morea conta con centros de rehabilitación psicosocial e laboral en Ourense, Verín, O Barco e Lalín, así como tres pios protexidos na cidade e unha residencia para 22 persoas na Peroxa. Ademais, en todas as sedes contan cun Club Social que leva a cabo actividades de ocio. Por outro lado, teñen diferentes programas que abarcan desde a atención a domicilio, programa de integración social, etc.
O seu principal obxectivo e loitar polos dereitos das persoas con enfermidades mentais, así como pola súa integración real na sociedade. “A maior barrera que temos as persoas con enfermidade mental son os estigmas sociais”, sinala Díaz, que “recoñece que nos últimos anos avanzouse moito en este sentido, pero aínda queda moito camiño. Existe moita desinformación respecto ás enfermidades mentais. Ás veces canto un problema non te afecta persoalmente non tes a necesidade de informarte sobre el, polo que continúa habendo moito descoñecemento ao respecto. En este tipo de enfermidades hai moito tabús”.
Ademais, explica que desde a asociación fíxose un traballo moi importante para a adaptación dos medios de comunicación ao tratamento deste colectivo. “Agora trátase con moito máis respecto, inda que tamén queda camiño por andar”.
“O noso obxectivo é a integración, pero para adaptarte a algo ese algo tamén ten que estar disposto a que ti te integres. Esa é a nosa loita. Lograr que a sociedade nos acepte realmente”, sinala. ”Ao contrario do que a xente pensa, a nosa problemática pasa moi desapercibida. Moita xente aínda cree que unha persoa con enfermidade mental é unha persoa agresiva e imprevisible, pero en realidade somos un colectivo moi silencioso. Convivimos na sociedade sen ningún problema, pero en cando dis o que hai levántanse as alarmas”.
“Agora existen moitos máis recursos que fai trinta anos, pero é necesario seguir avanzando neste sentido porque aínda son insuficientes”, insiste. “Ás veces, cando comentas estes temas no teu propio entorno atópaste con incomprensión e rexeitamento, polo que moitas veces optas por gardar silencio”. Precisamente, unha das labores máis importantes de MOREA e que estas persoas e as súas familias teñan un espazo no que expresarse, no que compartir a súa situación e onde sentirse comprendidos. “Aquí temos un espazo no que ninguén xulga”. Ao contrario, a asociación ofrece un lugar de apoio. “Para eles é un alivio”, destaca o director.
Díaz recoñece que as enfermidades mentais cada vez están máis normalizadas, inda que insiste na necesidade de seguir traballando ao respecto. “Agora, case todo o mundo entende que todos podemos ter episodios de depresión nun momento dado, ou que hai persoas que padecen unha depresión crónica. Iso a xente enténdeo. Tamén a nivel infantil está cada vez máis normalizado levar aos fillos a un psicólogo e a un psiquiatra”.
A maioría das persoas coas que traballa a asociación son persoas con esquizofrenia, pero a realidade é que a maiorías das persoas que padecen enfermidade mental son persoas con ansiedade ou depresión. “Iso axuda á visibilizar este problema, xa que está moito máis estendido e normalizado na sociedade. Case todas as persoas ou o seu entorno pode padecer ansiedade ou depresión”.
“Pouco a pouco vaise entendendo máis como funcionan este tipo de enfermidades. Avanzouse moito nos últimos anos. A ciencia e a tecnoloxía, a pesar do pouco apoio que reciben, traballan neste sentido”, apunta. Sen embargo fai fincapé en que é a sociedade a que ten que seguir traballando. “Temos que traballar a educación , especialmente nos adolescentes, porque a maioría dos trastornos aparecen nestas idades”.
Díaz explica que “as enfermidades mentais existiron sempre, non é que aumentasen nos últimos anos, senón que agora dáselles máis visibilidade. Antes sufríanse en silencio. Agora, cada vez temos máis normalizados os tratamentos psiquiátricos e psicolóxicos, cada vez saen máis persoas coñecidas que falan deste problema. Estamos avanzando pouco a pouco. A xente empeza a asumir que pódese ter esquizofrenia ou un trastorno bipolar ou o que sexa e convivir perfectamente na sociedade e levar a cabo actividades profesionais de todo tipo”.