Nogueira de Ramuín ofrece actividades extraescolares para facilitar a conciliación

O Concello de Nogueira de Ramuín ofrece actividades extraescolares para os nenos e nenas da vila durnte este curso académico, con máis de cinco propostas artísticas e deportivas.
Durante o ano, os nenos e nenas poderán gozar de clases kickboxing, defensa persoal, zumba, baile moderno, manualidades ou pintura. Unhas actividades pensadas para ofrecer aos máis novos un espazo de lecer e aprendizaxe ao tempo que lles facilita a conciliación aos país e nais.
Dende o Concello lembran que para obter máis información ou realizar as inscricións as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas do Concello.