O alumnado da Escola de Música Municipal de Barbadás ofrecerá un concerto no Liceo de Ourense
OurenseXa
Será o vindeiro domingo, 22 de febreiro

17 Feb 2026
O alumnado da Escola de Música Municipal de Bárbadas ofrecerá un concerto o próximo domingo 22 de febreiro, ás 12:00 horas, no Liceo de Ourense.
Desde o Concello animan a veciños e veciñas a asistir a esta cita para apoiar a súa banda e desfrutar dunha mañá de música e talento local.