O Ateneo de Ourense organiza unha xornada dedicada á fotógrafa Ruth Matilda Anderson

OurenseXa
O acto central será a proxección do documental ‘A viaxe de Ruth’, que achega ao público a figura e o legado da fotógrafa estadounidense
centro_cultural_marcos_valcarcel_recurso
23 Feb 2026

Con motivo do centenario (1924-1926) da viaxe que a fotógrafa Ruth Matilda Anderson realizou por Galicia, contratada pola Hispanic Society of America para elaborar unha ampla reportaxe gráfica sobre a comunidade, o Ateneo de Ourense organiza unha xornada na súa memoria.

O acto central será a proxección do documental ‘A viaxe de Ruth’, dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reinosa, que achega ao público a figura e o legado da fotógrafa estadounidense, cuxo traballo constitúe hoxe un valioso testemuño etnográfico e visual da Galicia de comezos do século XX.

Tras a proxección, o fotógrafo Eutropio Rodríguez impartirá a conferencia titulada “Fotografía documental e o legado de Ruth Matilda Anderson”, na que reflexionará sobre a importancia da súa obra e a súa influencia na fotografía documental. Ademais, presentará unha exposición con traballos propios.

A xornada celebrarase o 25 de febreiro de 2026 na sede provisional do Ateneo, situada no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O programa comezará ás 18:30 horas coa proxección do documental e continuará ás 19:35 horas coa conferencia.

0.080390930175781