O Ballet de Kiev traerá a Ourense a súa función 'El Lago de los Cisnes'

OurenseXa
A representación terá lugar o 16 de febreiro no Auditorio Municipal
ballet-kiev-el-lago-de-los-cisnes-ourense
10 Dec 2024

O Ballet de Kiev chegará a Ourense o 16 de febreiro cunha representación de El Lago de los Cisnes, que terá lugar ás 19.00 horas no Auditorio Municipal.

Tras o gran impacto das xiras realizadas polo Ballet de Kiev entre 2022 e 2024, a compañía regresa en 2025 para percorrer novamente os principais escenarios do país. Nas súas dúas primeiras xiras en España, máis de 225.000 espectadores gozaron dos seus impresionantes espectáculos.

Sobre o Ballet de Kiev

O Ballet de Kiev caracterízase por preservar a esencia e as tradicións do ballet clásico máis puro. Cada unha das súas funcións convértese nunha experiencia sensorial única, destacando pola sobriedade das coreografías, a precisión de cada movemento, o virtuosismo dos seus solistas e a espectacularidade dos seus decorados e vestiarios, elaborados exclusivamente polos mellores artesáns de Kiev.

Ao longo da súa traxectoria, a compañía levou as súas producións a numerosos países, interpretando tanto obras clásicas como coreografías orixinais. Entre os títulos máis destacados do seu repertorio atópanse El Lago de los Cisnes, El Cascanueces, La Bella Durmiente, Don Quijote, Giselle, Carmen, Scheherazade, Les Sylphides, La Cenicienta, Zorba o Gregoe Eyes Wide Shut, entre outros.

⚙ Configurar cookies
0.081574201583862