O BNG de Ourense amosa a súa discrepancia co modelo orzamentario da Deputación

OurenseXa
O modelo que apoia o BNG é un aumento de fondos no Plan Cooperou, que actualmente está en 18 millóns, consolidando eses fondos a través dun reparto proporcional para os concellos
Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela, María Mangana
Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela e María Mangana
22 Apr 2025

Tras a aprobación por parte da Deputación de Ourense de tres modificacións de crédito por valor de 41,5 millóns de euros, o BNG amosa a súa discrepancia co modelo orzamentario da institución provincial, ao cal os nacionalistas xa presentaron unha emenda á totalidade cando se presentaron os orzamentos para 2025, os cales se aprobaron polo apoio dos grupos provinciais de Democracia Ourensana e do Partido Socialista ao grupo de goberno provincial do PP de Ourense.

As modificación de crédito que propón o goberno provincial deixou sorprendido ao grupo nacionalista, así o trasladou en rolda de prensa o seu portavoz provincial, pois 41 millóns de euros representan máis do 30% do orzamento global da deputación.
O grupo de goberno o que traslada é que en vez de facer varias modificación de crédito ao longo do ano, desta volta concéntranas todas en só unha modificación de crédito, sinalaba Varela, que continuou afirmando que habitualmente fan tres modificacións, unha dirixida a aumentar os fondos para o funcionamento da Deputación, e outras dúas modificación de crédito: unha dirixa a concellos e outra dirixida a asociacións e entidades.
“Entendemos que se hai fondos na Deputación eses fondos non son para estar nun caixón agardando, senón que son para reverter no entramado social da provincia de Ourense e especialmente aos concellos menores de vinte mil habitantes, que son aos que ten que apoiar”.

O modelo que apoia o BNG, como así o trasladaron os representantes nacionalistas nas comisión da Deputación, é por un aumento de fondos no Plan Cooperou que actualmente está en 18 millóns, consolidando eses fondos a través dun reparto proporcional para os concellos. E á vez, a existencia dun plan de cooperación con entidades e asociacións a través de criterios obxectivos.

O grupo nacionalista lembrou que xa o ano pasado, cando chegaron as modificacións de crédito aos orzamentos de 2024, se abstiveron a pesar de ter presentado tamén unha emenda á totalidade contra eles.

“É de responsabilidade garantir que estes fondos cheguen aos concellos e ás entidades e asociacións este ano especialmente, porque este ano está operativa a regra de gasto europeas, e as administracións locais concellos e Deputacións non poden nin empregar os fondos que teñen aforrado, a diferencia de Xunta e Estado” indicou Bernardo Varela.
Remataba o portavoz nacionalista declarando que “entendemos que é positivo que eses fondos se poñan a disposición dos concellos e entidades polo que manteremos unha abstención responsable, o que non quita que sexamos críticos coa forma de reparto e que entendamos que hai que seguir avanzando no Plan Cooperou.”

⚙ Configurar cookies
0.14328384399414