O BNG denuncia o “abandono” da saúde mental na área sanitaria de Ourense

OurenseXa
Advirten de que Ourense é a Área Sanitaria peor parada de toda Galicia e reclaman un Plan específico de reforzo con persoal, orzamento e seguimento ante o aumento das listas de agarda
noa-presas-chuo
12 May 2025

A deputada nacionalista por Ourense, Noa Presas, cualificou de “demoledor o resultado do Informe de auditoría operativa das actuacións, plans, proxectos e programas no ámbito da saúde mental dos exercicios 2020-2022 do Consello de Contas” xa que di que “o Plan de Saúde mental elaborouse sen actualizar o estudo epidemiolóxico de 2009 e non se dotaron os recursos económicos considerados como necesarios na súa memoria de elaboración e isto fixo que non se executaran proxectos prioritarios, ademais de que se contratou menos persoal do previsto”.

Para o BNG é “especialmente grave e certifica que persisten desigualdades no acceso aos Servi-zos e que hai falta de equidade territorial con Lugo e Ourense”. Neste sentido, Presas cualifica de “especialmente grave a demora de dotar Ourense dunha Unidade de psicoxeriatría malia ser a zona máis avellentada de Galiza”.

Así mesmo, Presas insiste en que “o Informe recolle as alertas do BNG sobre as listas de agarda, as peores de Galicia, así Ourense ten o peor aumento de todo Galiza entre 2019 e 2023, un au-mento do 297% de pacientes en lista de espera e do 214% en tempo medio de espera, moi por riba de Lugo e a unha distancia sideral da franxa atlántica facendo que haxa galegos de primeira e de segunda á hora de acceder a un recurso vital como son os Servizos de Saúde mental”.

Así, o BNG sinala que “a atención á saúde mental e a súa prestación ao longo do territorio con criterios de equidade, equilibrio territorial e social debera ser unha prioridade para o Goberno galego e lembra que a anunciada implantación da prestación de Psicoloxía Clínica no nivel asis-tencial de Atención Primaria, prometida xa en abril de 2024 é aínda só unha promesa, pese a que Galiza lidera a cifra de suicidios no Estado con 326 o último ano”.

Desde a formación nacionalista, recordan que “o propio Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, alertaba recentemente dos tempos de agarda, reclamando unha oferta asistencial clara e baseada en criterios de equidade territorial. Por iso o BNG pedirá no Parlamento Galego un Plan de reforzo específico que contemple o incremento de persoal e recursos”.

⚙ Configurar cookies
0.16969203948975