O CEIP Plurilingüe de Maceda participa no II Congreso Nacional de Escola Rural
O II Congreso Nacional da Escola Rural, que se desenvolverá mañá en Ribadavia e contará con uns 300 asistentes de toda España, programa un amplo programa para reivindicar o papel fundamental do ensino rural, funcionando como axente clave do tecido educativo, pero tamén como elemento vertebrador da sociedade e da cohesión territorial e familiar.
Organizado pola Xunta de Galicia coa colaboración da Fundación Princesa de Girona, Mórula Asociación Educativa e a Asociación de Mestres de Colexios Rurais Agrupados de Galicia, o congreso contará coa participación de 40 centros educativos de todo o territorio nacional. A implicacións destes centros busca difundir o valor da educación rural e a súa aposta pola innovación e a integración en todas as dimensións da ensinanza, traballando así a prol da Igualdade de oportunidades. Durante o desenvolvemento da cita, un total de 29 centros galegos terán un protagonismo especial participando en conferencias, feiras e talleres de boas prácticas.
O Congreso Nacional da Escola Rural contará cun panel de expertos, que se celebrará na Casa da Cultura, para achegar aos asistentes as metodoloxías, programas e desenvolvemento da escola rural en Galicia. Nel participarán docentes da Escola Infantil EEI de Donramiro de Lalín, do Colexio Rural Agrupado CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso, do Colexio CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, do Colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e do Instituto IES O Ribeiro de Ribadavia.
Durante a xornada tamén se desenvolverá unha feira coa participación de 15 centros, que darán a coñecer o seu traballo diario co alumnado e os diferentes programas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP nos que participan. Son o Colexio CEIP Francisco López Estrada de Mañón, o Instituto IES Cabo Ortegal de Cariño, o Instituto IES Maximino Romero de Lema de Zas, o IES Pedra da Aguia de Camariñas, o Colexio CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, o Colexio CEIP de Samos, o Colexio CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, o Colexio CRA Plurilingüe de Monterrei en Verín, o Colexio CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas de Bande, o Colexio CEIP A Lama, o Instituto IES Plurilingüe de Valga, o Colexio CEIP Plurilingüe de Tebra en Tomiño, o Colexio CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera de Ponteareas, o Colexio CEIP Plurilingüe de Louro e o Colexio CEIP Plurilingüe de Toques.
Conferencias e exposicións
A Xunta de Galicia compartirá o seu traballo a prol da integración da escola rural ao longo de toda a xornada, que estará inaugurada polo Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández. Ademais, a través da conferencia Patróns e compromiso coa escola rural da man da profesora da Universidade de Zaragoza, Pilar Abós, a doutora en Ciencias da Educación falará de servizo público, centros educativos heteroxéneos e estilo propio. Coa exposición Urbano vs Rural. Galicia, distrito educativo único a cargo do secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, achegarase aos participantes ao modelo do ensino rural galego.
Ademais, os asistentes tamén poderán asistir a mesa redonda sobre o presente e futuro da escola rural, na que participarán a coordinadora do programa Generación Docentes da Fundación Princesa de Girona, María del Carmen Salcedo; a profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e vicedecana da mesma, Nuria Rebollo; o director xeral de Persoal, Formación e Innovación do Goberno de Aragón, José María Cabello; a secretaria xeral de Educación e Formación Profesional de Extremadura, María Pilar Pérez; o director xeral de Innovación e Ordenación Educativa da Rioxa, Fabián Martín, e o director xeral de Innovación e Formación do Profesorado de Castela e León, Luis Domingo González.
Os proxectos de éxito
Xa pola tarde, desenvolveranse os talleres paralelos no Instituto IES O Ribeiro e no Colexio CEIP Plurilingüe de Ribadavia. Serán un total de 20 centros, dos que 11 veñen de fóra de Galicia. O Colexio CRA Plurinfantil de Valga exporá o seu proxecto sobre espazos de centros e aprendizaxe; o Equipo de Orientación Específico de Ourense explicará como apostar polo coidado do benestar na comunidade educativa; o Colexio CEIP Plurilingüe O Graxal de Cambre amosará o seu proxecto sobre Atención á diversidade, e o Instituto IES Maximino Romero de Lema de Zas falará sobre innovación e internacionalización.