O CHUO conmemora o Día Munidal da SIDA
Este 1 de decembro, conmemóranse 42 anos desde o inicio da pandemia do VIH, que afectou a máis de 88 millóns de persoas en todo o mundo, causando a morte de 42 millóns.
En España, desde 1984, diagnosticáronse 90.275 casos de SIDA, con 61.000 falecementos, a maioría antes da chegada dos tratamentos antirretrovirais (TAR) en 1996.
Avances significativos no tratamento e prevención
Hoxe en día, os tratamentos antirretrovirais (TAR) son altamente eficaces e ben tolerados, permitindo ás persoas vivir con VIH (PVVIH) con carga viral non detectable, o que significa que non poden transmitir a infección. En 2023, menos persoas contraeron o VIH a nivel mundial que en calquera outro ano desde os anos 80, con 31 millóns de persoas en tratamento. Con todo, 10 millóns aínda carecen de acceso a TAR e rexistráronse 1,3 millóns de novas infeccións, principalmente en países con recursos limitados.
En España, diagnosticáronse 3.196 novos casos en 2023, cun 8% das PVVIH descoñecendo o seu estado. A maioría das novas infeccións (55%) producíronse en relacións homosexuais non protexidas, seguidas de relacións heterosexuais (25,7%). En Galicia, entre 2004 e 2023, notificáronse 3.385 novos diagnósticos, cunha incidencia anual de 6,15 casos por cada 100.000 habitantes, por baixo da media nacional.
En Ourense, desde 2004 rexistráronse 351 casos de infección por VIH, con só 12 novos casos en 2023. Actualmente, 590 pacientes reciben TAR no Hospital Universitario de Ourense, mentres que en toda Galicia son 5.100, cun custo anual en antirretrovirais de 34 millóns de euros.
Entre os principais desafíos para facer fronte á enfermidade está o diagnóstico tardío, o remate da epidemia, educar na prevención e superar o estigma.
“O Día Mundial da SIDA 2024 lémbranos que, aínda que os avances científicos han transformado o VIH dunha enfermidade mortal a unha crónica, aínda queda moito por facer. A educación sexual, a promoción do uso do preservativo, o acceso universal ao tratamento e a loita contra o estigma son fundamentais para alcanzar un futuro libre de VIH”, sinalan dende o CHUO.