O Club Pereiro Baloncesto comeza este xoves unhas xorndas de portas abertas para nenos

OurenseXa
As xornadas terán continuidade os días 16 e 18 de setembro e están destinadas a nenos e nenas nados entre 2014 e 2016
pavillon-pereiro-deportes-nenos
10 Sep 2025

O Club Pereiro Baloncesto inicia este xoves, 11 de setembro, unhas xornadas de portas abertas destinadas a nenos e nenas nados entre 2014 e 2016. As sesións terán continuidade os días 11, 16 e 18 de setembro no Pavillón da Chaira, en horario de 18:00 a 19:00 horas.

Os nenos e nenas poderán estrear as novas instalacións do paavillón, que acaba de ser renovado polo Concello de Pereiro de Aguiar, en colaboración coa Deputación de Ourense, cun investimento de 75.000 euros que incluíu a instalación dunha pista nova e canastras homologadas, ademais das melloras realizadas nos últimos meses en vestiarios, accesos, calefacción, eficiencia enerxética e gradas.

⚙ Configurar cookies
0.17754983901978