O Concello da Peroxa lanza o terceiro curso do Reto Rural Dixital

OurenseXa
Os participantes aprenderán competencias básicas para o uso do teléfono móbil e de internet
internet
16 Feb 2026

O venres 20 de febreiro dará comezo na Peroxa o terceiro curso do Reto Rural Dixital, baixo o título “Autonomía dixital: primeiros pasos para trámites e conexión dixital”.

Neste curso, os participantes aprenderán competencias básicas para o uso do teléfono móbil e de internet, como acceder a páxinas web, crear unha conta de correo electrónico e realizar os primeiros trámites dixitais con seguridade.

O curso celebrarase os venres 20 e 27 de febreiro e o 6 de marzo, en horario de 16:00 a 18:30 horas, no Edificio Multiusos. As inscricións están abertas no Concello.

⚙ Configurar cookies
0.082373857498169