O Concello de Barbadás ofrece un curso de competencias dixitais para comercio e hostalería

OurenseXa
Combinará sesións presencias e en liña do 2 de marzo ao 20 de abril
curso-competencias-dixitais-hostaleria-barbadas
15 Feb 2026

O Concello de Barbadás organiza un curso destinado a mellorar as competencias dixitais do persoal e dos negocios do sector do comercio e da hostalería.

O curso combinará sesións presenciais e en liña, impartíndose os luns de forma presencial e os xoves de forma virtual, en horario de 20:15 a 21:45 horas, desde o 2 de marzo ata o 20 de abril, na Aula Solaina.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a cet@barbadas.es ou chamando ao 988 360 413.

⚙ Configurar cookies
0.087463140487671