O Consello Galego de Economistas entrega o IV Premio Economía á empresa ourensá, Coren

OurenseXa
O Teatro Principal acolleu a entrega deste galardón que premia a traxectoria do grupo ourensán e pon en valor a súa a importancia dentro da economía galega
Premio-economia-teatro-principal-coren
25 sep 2024

O Consello Galego de Economistas entregou este martes o IV Premio Economía á empresa ourensán, Coren. O galardón ten como obxectivo premiar a traxectoria das empresas con un popel relevante na economía galega. O galardón fui recibido por Manuel Gómez-Franqueira, presidente de Coren, nun acto que tivo lugar no Teatro Principal e no que estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor.

Rueda destacou a relevancia do Grupo Coren, como unha das maiores cooperativas agroalimentarias de Europa, que representa un exemplo de innovación e liderado no sector. Durante o acto de entrega desta distinción, o presidente da Xunta subliñou a importancia de apoiar os proxectos industriais viables a través de asesoramento, axudas e simplificación administrativa. Neste sentido, fixo referencia a medidas como a Oficina Económica de Galicia, que conta con 100 profesionais para asesorar as empresas, ou a axilización dos trámites administrativos para proxectos estratéxicos.

O presidente galego explicou que a Xunta está comprometida en acompañar este tipo de iniciativas para fomentar o crecemento económico e o desenvolvemento sostible en Galicia e asegurou que o éxito de empresas como o Grupo Coren é un reflexo dos valores da Galicia Calidade, un sinónimo de excelencia que sitúa aos produtos galegos nos mercados internacionais.

Para o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, este premio pon o foco nunha das claves do éxito desta empresa, como foi “manter nestes 60 anos a súa implantación no territorio”.

O inicios do grupo Coren, daquela como UTECO, marcaron un fito en Ourense, pero tamén en Galicia, cos anos no resto de España “e tamén internacionalmente con numerosos recoñecementos á súa innovadora produción”, destacou o presidente provincial. Neste sentido celebrou a visión de adaptación e innovación mostrada en todo este tempo polo presidente do grupo, Manuel Gómez-Franqueira.

Na súa intervención, Luis Menor recordou a aposta de hai 6 décadas polo cooperativismo para ofrecer “rendibilidade social e económica no territorio máis próximo”. Implantación, apuntou, pero tamén implicación, xa que o punto de partida “foi ofrecer ao rural ourensáns dos anos 50 unha oportunidade de vida”.

Luis Menor cualificou a historia do grupo Coren como “unha historia de éxito, pero tamén historia de Ourense”, pois entre a UTECO de Eulogio Gómez Franqueira ata o grupo Coren de Manuel Gómez-Franqueira “hai unha longa evolución, sempre baixo o compromiso de contribuír ao desenvolvemento do territorio, xerando oportunidades de vida no rural”.

0.11917996406555