O Foro Liceo advierte do estancamento socioeconómico da provincia de Ourense nos últimos anos

OurenseXa
O colectivo advirte do alarmante descenso da poboación na provincia
Foro Liceo
Reunión do Foro Liceo
28 Xuño 2024

O Foro Liceo vén de presentar un documento no que analiza a situación demográfica e económica dos últimos anos na provincia de Ourense, no que advirten dun estancamento dos datos socioeconómicos desde fai dez anos.

No documento, advirten de que inda que o contexto global das curvas demográficas apunta a un descenso xeneralizado da poboación en todo o planeta, a situación é especialmente alarmante na provincia, onde a cociente de falecementos e nacementos durante o primeiro bimestre 2024 sitúase en torno ao 13%. Isto supón unha cifra que case duplica á media galega, situada nun 7%. A pirámide poboacional ourensá tradúcese nunha poboación activa por debaixo do 50%, advirten.

Con respecto á situación económica, poñen en valor a diminución das cifras de paro na provincia. Segundo datos do INE, o número de parados en Ourense é actualmente de 14.953, moi por debaixo dos máis de 30.000 que se alcanzaron durante os peores anos da crise, destacan no documento. Ademais, apuntan que a ocupación actual atópase en torno ás 118.000, persoas en comparación coas 111.348 rexistradasa fai 6 anos, cando publicouse o último informe do Foro.

Ourense contribúe un 0.57% ao PIB nacional, e un 10,17% ao PIB galego, un punto porcentual menos que fai un lustro, sinalan. Sen embargo, poñen en valor que as exportacións diminuíron tan só un 4,2% do total galego e destacan a necesidade de ampliar o chan industrial na provincia.

O Foro Liceo destaca o gran incremento do turismo que se ven rexistrando en Ourense desde a chegada da alta velocidade, rexistrándose máis de 330.000 viaxeiros en 2023,. Ademáis, fan fincapé no potencial da Ribeira Sacra como destino turístico e apuntan á necesidade de atopar mellores solución para fomentar o turismo termal.

Respecto á sanidade, o documento advirte de que Ourense conta con 30 médicos menos que no ano 2010, e o número de camas nos hospitais viuse diminuído desde as 1.218 ata as 905 actuais. As listas de espera para as cirurxías, sinalan, están nunha media de 70 días, unha cifra que, nalgúns casos, pode chegar ata os 200 días de espera e, nos casos das esperas para rehabilitación, alcánzanse os 300 días.

Pola súa banda, o Foro Liceo destaca o impulso da investigación rexistrado en Ourense nos últimos anos, grazas sobre todo á ampliación do campus universitario. Por iso, poñen de relevo a necesidade de seguir invertendo na formación académica universitaria e destacan a integración dos estudos de enfermería no campus para permitir o seu desenvolvemento no ámbito das Ciencias da Saúde.

0.21002602577209