O incendio iniciado este sábado en Casaio atópase estabilizado

OurenseXa
O lume afecta a unha superficie de 850 hectáreas segundo as últimas estimacións
incendios-motobomba
8 Sep 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, quedou estabilizado ás 21:28 horas deste domingo.

O lume, que comezou ás 14:56 horas do sábado, afecta segundo as últimas estimacións a unha superficie de 850 hectáreas.

Para os labores de extinción mobilizáronse, de maneira acumulada, 5 técnicos, 30 axentes, 45 brigadas, 32 motobombas, 4 PAS, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está dispoñible para a cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar un lume forestal. Ademais, existe o número anónimo e gratuíto 900 815 085 para denunciar calquera actividade incendiaria sospeitosa ou delituosa.

⚙ Configurar cookies
0.16265392303467