O Mercadillo Solidario de Nadal regresa este sábado a Pereiro de Aguiar

OurenseXa
A edición deste ano conta coa participación de ASPANAS, AECC Ourense, a Asociación Diabética Auria e o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Ben-Cho-Shey
Mercado-de-nadal-xenerica-2
12 Dec 2025

Este sábado, 13 de decembro, a Praza do Concello de Pereiro de Aguiar acollerá unha nova edición do Mercadillo Solidario de Nadal, que estará aberto de 11:00 a 18:00 horas, no que os visitantes poderán atopar diferentes produtos, participar en obradoiros e colaborar con diversas iniciativas solidarias.

No mercadillo participarán varias entidades, como ASPANAS, AECC Ourense, a Asociación Diabética Auria, así como o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Ben-Cho-Shey, que aproveitan a ocasión para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso.

Desde o Concello do Pereiro fan un chamamento a todas as familias para que se acheguen e apoien esta proposta que une o espírito do Nadal coa solidariedade e o compromiso coa comunidade local.

⚙ Configurar cookies
0.079355955123901