O OUFF 2024 proxectará 60 películas de ficción, documentais en animación repartidas en 101 sesiones

OurenseXa
A Sección Oficial Internacional proxectará filmes con ata 19 países representados, de directores novos ou de gran traxectoria que firman películas recoñecidas no circuito de grandes festivais
Presentación do OUFF 2024
Presentación do OUFF 2024
23 Sep 2024

Este venres comeza a 29ª edición do Ourense Film Festival, o OUFF, ”a semana máis importante desde o ámbito cultural de Ourense, tal e como a definiu o presidente da Deputación, Luis Menor, na presentación deste evento, no que participaron tamén o director do festival, Miguel Anxo Fernández; a presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte; o director da Agadic, Jacobo Sutil; o director de Comunicación de Gadisa, José Luis Fernández; a directora de Zona Centro de Abanca, Lara González e o director de La Región, Xosé Pastoriza. Tamén é patrocinador oficial a Corporación Hijos de Rivera.

De feito, no que atinxe á importancia deste evento cultural, plenamente consolidado e un dos de maior relevancia no sector, e fronte a “quenes non creen na Cultura porque a consideran cara”, Luis Menor recalcou que “paga a pena apostar por un evento que sempre ten retorno, e no caso da provincia, diversos estudios falan de 13 euros por cada euro investido”. Neste sento, fixo referencia ao retorno económico pero tamén ao turístico, un eixo estratéxico de desenvolvemento para a provincia. De feito, analizou a importancia da marca do OUFF, pola súa trascendencia alén das fronteiras, xa que chegaron ata 350 filmes de 54 países para participar nas Seccións Oficiais.

Ademáis de dar as grazas aos patrocinadores privados polo seu apoio ao OUFF29, “estamos ante un proxecto gañador rodeado de persoas e empresas que se comprometen”, Menor tamén tivo palabras de agradecemento para o equipo do festival, “polo seu intenso traballo ben feito, dinámico e que aposta por Ourense sen mirarse o embigo, buscando sempre superarse edición tras edición”.
60 traballos cinematográficos

En total proxectaranse 60 películas de ficción, documentais en animación repartidas en 101 sesións por 6 salas da cidade. A Sección Oficial Internacional proxectará filmes con ata 19 países representados, de directores novos ou de gran traxectoria que firman películas recoñecidas no circuito de grandes festivais. A programación de filmes a concurso complétase con varios ciclos. Por unha banda Ouffemérides, no que este destaca a homenaxe ao director Carlos Velo, estreando unha versión restaurada do filme Raíces (1954) e lembra a rodaxe en Ourense de Monsingnor Quixote, en 1987. En Ciclo Inédito: Autoras, o público pode achegarse a varios filmes asinados por mulleres que aínda non se proxectaron na cidade: Mamífera, de Liliana Torres; Los pequeños amores, de Celia Rico; Nina de Andrea Jaurrieta; Políticamente Incorrectos de Arantxa Echevarría; Sica de Carla Subirama e Un sol radiant de Monica Cambra e Adriana Fortuny. Por outra banda, o Ciclo Cinema e Auga, explorará historias que teñen a auga como elemento protagonista con La forma del agua, Aguas oscuras e Acción Civil.

Nesta 29º edición, o OUFF recoñece a traxectoria de profesionais de longas carreiras no cine en diversos ámbitos como o guionista e productor Alejandro Hernández, Calpurnia de Honra Internacional; o director Rodrigo Cortés, Calpurnia de Honra; a deseñadora de vestiario e directora Clara Bilbao, Premio Especial OUFF; a productora Andrea Vázquez, Premio Chano Piñeiro ou o guionista Carlos Montero, Premio Especial Ourense. Dende AISGE destacarán a traxectoria da actriz galega Aurora Maestre co Premio Fundación AISGE.

0.12894415855408