O OUFF convida a coñecer escenarios de rodaxes con 'Ourense de cine', tres roteiros gratuítos pola provincia

OurenseXa
Os roteiros terán lugar os días 30 de setembro e 2 e 4 de outubro, e permitirán coñecer os escenarios de rodaxe de películas como 'Los girasoles ciegos', 'A esmorga', 'A lingua das borboretas', ou 'Cuñados'
O OUFF 2024 presenta a actividade 'Ourense de cinema'
2 sep 2024

O Ourense Film Festival (OUFF) presentou este domingo, 1 de setembro, unha das actividades máis populares do certame, 'Ourense de cine', unha proposta de tres roteiros pola provincia para mostrar ao público os lugares onde se rodaron coñecidas películas e series. Os roteiros comezan na cidade de Ourense e pasan por lugares urbanos ou paisaxes naturais, mostrando a diversidade e beleza que fan da provincia uno dos lugares de referencia para o cinema. A actividade conta co apoio de Turismo de Galicia.

'Ourense de cine' contará con tres roteiros preparados para os días 30 de setembro e 2 e 4 de outubro. A actividade é gratuíta e inclúe o servizo de autobús. As e os interesados poden inscribirse no correo electrónico: excursionouff29@gmail.com ou no teléfono 690 813 726 (en horario de tarde).

O primeiro dos roteiros, programado para o luns, 30 de setembro, comeza en Ourense, ás 9:30 horas no Pazo Provincial da Deputación de Ourense. Desde aí a visita pasará por lugares como a Praza Maior, a Zona vella, As Burgas ou a Catedral, espazos vinculados ás películas 'Los girasoles ciegos', 'A esmorga', '13 exorcismos', 'Cuñados', 'O home e o can', 'Hospital Central', 'Pelerinaxes', 'Santoalla' e 'Años después'.

A visita continuará en Pazos de Arenteiro, pasando polos escenarios da película de Isabel Coixet, 'Elisa e Marcela': a Iglesia San Salvador, a contorna do río Arenteiro ou a casa das protagonistas do filme. Ás 16:15 horas, realizarase unha parada en Moldes, lugar de rodaxe de 'Elisa e Marcela' e tamén da Esmorga, para ver a igrexa románica de San Mamede de Moldes ou a carballeda.

O segundo roteiro terá lugar o mércores, 2 de outubro e dará comezo ás 9.30 horas no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, cunha parada na Alameda ás 10:00 horas. Desde aí a visita pasará por Esgos, para coñecer as localizacións da película 'Live is life', de Dani da Torre, en San Pedro de Rocas.

Ás 12:00 horas, en Allariz, os filmes protagonistas serán 'A lingua das borboretas', 'La virgen de cristal' e 'Cuñados', que se filmaron en lugares como a Ponte Romana, a Praza de Abaixo, Rúa da Cruz, o convento de Santa Clara ou a taberna O Pepiño.

A visita continuará en Celanova, visitando o Mosteiro, a Praza Maior, a Alameda e a placa conmemorativa “bosque do lobo”. Estes lugares foron escenario das rodaxes de 'Elisa e Marcela', 'Años después', 'El desorden que dejas ' ou 'El bosque del lobo'.

O terceiro dos roteiros sairá de Ourense para ir ata San Clodio e Leiro, onde o Mosteiro de San Clodio e a Ponte Medieval, foron escenario das rodaxes de 'Los girasoles ciegos' e 'Cuñados'. Ás 11:30 horas visita trasládase ao Museo do Viño de Galicia, onde se gravou a curta de fillas de Ribeiro e Viñedos.

Despois, en Ribadavia, a visita pasará polo barrio xudeu, a Taberna do Papuxa, a Igrexa de San Antón ou o río Avia. Estes foron escenarios dos filmes 'A Esmorga', 'Cotolay', 'El desorden que dejas' e 'Olvido y León'

A última parada antes de regresar a Ourense será o Mosteiro de Santa María en Melón, onde se gravaron 'Cotolay' e 'Las Brujas de E´lente'.

 

0.089350938796997