O persoal de Coasa convoca unha nova manifestación en Ourense

OurenseXa
O cadro de persoal de Coasa, empresa do sector da aeronáutica con sede en Ourense, convoca unha nova manifestación para o vindeiro martes 25 de xuño
Xornada de folga do persoal de COASA
21 Xuño 2024

O cadro de persoal de Coasa, empresa do sector da aeronáutica con sede en Ourense, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro martes 25 de xuño coincidindo con novas xornadas de folga para reclamar melloras laborais.

Durante as xornadas deste mércores e xoves houbo dous novos paros de 24 horas que tiveron un seguimento do 100% entre o persoal de fábrica.

Os paros siguen adiante despois de que os traballadores e traballadoras rexeitasen en votación o preacordo entre a maioría do comité (5 representantes da CGT e 2 da UGT dun total de 13) e a dirección. Un total de 183 persoas votaron en contra, fronte ás 123 que se amosaron favorábeis ao pacto. Tamén se rexistraron 6 votos en branco e 2 nulos.

0.18996214866638