O PSdeG de Ourense carga contra o Goberno de Jácome e o acusa de “desorde, improvisación e falta de planificación”

OurenseXa
Critican que dende o executivo municipal usen as enquisas como “arma política” mentres a cidade “non funciona como debería”
alba-igleesias-natalia-gonzalez-psoe-ourense
23 Feb 2026

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense denuncia “o clima que se vive na cidade” e critica con dureza ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome, ai que critica de acumular “desorde, improvisación e falta de planificación”.

As socialistas acusan o Goberno municipal de usar as enquisas como “arma política” e advierten que a xestión “non se mide só con porcentaxes, senón coa experiencia diaria de quen sofre problemas de tráfico, servizos tensionados, inseguridade en infraestruturas básicas ou abandono do espazo público”.

“Non nos interesan as enquisas como arma política, interésanos que esta cidade funcione. E hoxe non funciona como debería”, sinalan desde o PSdeG-PSOE no Concello.

Os socialistas insisten en que o malestar social non nace dos medios, senón dunha realidade que para eles é evidente, afirmando que “unha cidade que precisa máis goberno, máis xestión e menos ocorrencias. Ourense merece estabilidade, planificación e un proxecto serio de cidade, centrado nas persoas e nos servizos públicos”.

“O debate non vai de quen gaña ou perde nunha enquisa, vai de se Ourense gaña ou perde cada día. E agora mesmo, está perdendo oportunidades”, conclúen dende o PSdeG-PSOE.

0.086018085479736