O Sergas organiza cinco novas actividades de saúde comunitaria en Ourense
OurenseXa
Os cinco obradoiros corresponden ás chamadas 'Escolas de Saúde' destinadas a toda a poboación
Programa 'Coñece o teu centro de saúde'
17 Jul 2024
O Servicio Galego de Saúde (Sergas) organiza entre este luns, 15 de xullo, e o venres, 19 de xuño, cinco novas actividades de saúde comunitaria .
Os cinco obradoiros corresponden ás chamadas 'Escolas de Saúde', destinadas a toda a poboación, e neste caso están organizadas polos servizos de atención primaria de Ribadavia, Coles, Novoa Santos e O Carballiño.
A maioría das actividades serán o xoves 18 pola mañá e unha pola tarde, igual que o venres que haberá unha ás 16.15 horas.
Na localidade de Coles, esta semana, é a quenda do 'Obradoiro de Primeiros Auxilios', que terá lugar o xoves ás 11.30 horas, no Centro de Saúde dos Peares.