O subdelegado do Goberno pon en valor o novo subsidio por desempleo para protexer as vítimas de violencia de xénero

OurenseXa
Eladio Santos agradeceu o traballo coordinado das distintas Administracións que posibilitan este tipo de medidas “concretas e efectivas” na procura da igualdade
xornada-informativa-desempleo-ourense
7 May 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou hoxe que o novo subsidio de desemprego para vítimas de violencia de xénero é exemplo do esforzo que fai o Goberno de España no camiño pola protección integral. Así se pronunciou na inauguración das xornadas formativas impartidas polo Servizo Público Estatal de Emprego (SEPE): “Novo subsidio para vítimas de violencia de xénero”, na Biblioteca Pública de Ourense Nós.

A charla, que foi dirixida pola directora provincial do SEPE en Ourense, María Míguez Aquino, reuniu a máis de 50 asistentes, entre eles, avogadas, traballadoras sociais, técnicas de igualdade de diferentes concellos, integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, persoal da Xunta de Galicia e membros de fundacións e ONGs.

Santos agradeceu á Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación do Goberno en Galicia, á Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense e á súa xefa, Alida Iglesias, así como ao SEPE, a súa cooperación e o seu “labor incansable” en busca da igualdade. “É fundamental a coordinación entre institucións para chegar a todas as vítimas”, sinalou.

O subdelegado destacou que o traballo do Goberno de España contra a violencia de xénero se pon de manifesto con “ferramentas reais que permiten ás vítimas volver a facer a súa vida con dignidade, seguridade e autonomía”. “O Goberno demostra unha vez máis que o seu compromiso coa igualdade e coa erradicación da violencia machista non é unha declaración de intencións, senón que chega en forma de políticas públicas concretas, con recursos e medidas efectivas”, subliñou Santos.

Durante as xornadas formativas abordouse a acreditación da condición de vítima de violencia de xénero ante o SEPE, a forma acreditación, a duración, os prazos e a contía do novo subsidio para vítimas de violencia de xénero aprobado por Real Decreto Lei 2/2024, así como a compatibilidade deste subsidio con respecto a renda activa de inserción (RAI).

REQUISITOS

  • Os requisitos comúns para acceder ao subsidio para persoas vítimas de violencia de xénero, sexual ou a exercida por pais ou fillos son:
  • Estar desempregada ou traballando a tempo parcial.
  • Estar inscrita como demandante de emprego.
  • Carecer de rendas propias.
  • Presentar a solicitude do subsidio dentro do prazo dos seis meses a fecha do feito causante.
  • Non ter dereito á prestación por desemprego de nivel contributivo.
  • Non haber sido beneficiaria do programa de renda activa de inserción (RAI).
  • Haber subscrito o acordo da actividade.

DURACIÓN E CONTÍA

A duración máxima do subsidio será de trinta meses, salvo no caso das persoas beneficiarias con anterioridade dun ou dous dereitos ao programa de Renda Activa de Inserción. Nese caso, a duración máxima será de vinte e de dez meses, respectivamente. Se desde o inicio da primeira RAI transcorresen tres ou máis anos, a duración do subsidio será de trinta meses.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Modelo oficial de solicitude (pódese descargar na páxina oficial do SEPE)
  • DNI ou pasaporte.
  • Documento bancario que indique o número de conta do que é titular a vítima.
  • Libro de Familia ou Certificación do Rexistro Civil de nacemento. No caso de persoas estranxeiras o documento equivalente ao citado.
  • Declaración da renda.
  • Xustificante de rendas no caso de que a entidade xestora o solicite.

A solicitude do subsidio pode presentarse inmediatamente tras a emisión do certificado ou resolución que acredite a condición de vítima, ou dentro do prazo máximo de seis meses dende esa data. As vías de tramitación son a través da sede electrónica do SEPE, na oficina de prestacións (con cita previa mediante a sede electrónica ou por teléfono), en calquera oficina de rexistro público ou por correo administrativo.

Este subsidio reforza o compromiso do Estado coa protección e autonomía das mulleres que sofren violencia, e busca ser unha ferramenta clave no seu proceso de recuperación e empoderamento.

⚙ Configurar cookies
0.16339588165283