O Teatro Principal de Ourense acollerá a estrea nacional da nova obra de Albert Boadella

O Teatro Principal de Ourense acolle este venres a estrea nacional da función 'Ella', a nova obra do dramaturgo Albert Boadella, protagonizada pola actriz e cantante María Rey-Joly.
A representación levarase a cabo cunha dobre función, o venres e o sábado, 13 e 14 de decembro, ás 20.00 horas.
Durante a presentación do evento, o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, destacou que para a Deputación é un “orgullo poder desfrutar dunha obra que será un éxito e moi ben acollida polo público ourensá”.
Sinopse
Ela sofre unha violación. Do mesmo xeito que nos accidentes violentos ou crueis, a mente tende ante isto a evocar unha gran cantidade de imaxes e sensacións que se afastan do trance brutal.
Nun ínfimo espazo de tempo poden condensarse actos, recordos e situacións que requirirían horas ou días para reconstruílos na memoria. Neste caso, para ela, pasado e futuro mestúranse nun intento de evadirse da humillación e do tormento.
As asociacións mentais do inconsciente faranse reais ante o espectador a través do canto e dalgúns impulsos mecánicos da súa vida cotiá, moi ligados á condición feminina. O que mentalmente supón o impacto traumático desenvólvese na obra baixo un tempo real.