O Teatro Principal de Ourense festexa o Nadal con funcións para toda familia

OurenseXa
Os días 26, 27, 28 e 29 de decembro, haberá funcións pata todos os públicos no Teatro Principal de Ourense dentro do programa ‘Nadal en Familia 2024'
teatro_principal_recurso
Teatro Principal de Ourense
25 Dec 2024

O Teatro Principal de Ourense está a piques de rematar coa súa programación cultural deste 2024, e o fai a través do programa ‘Nadal en Familia’, con representacións dirixidas a nenos e adultos para gozar da cultura durante as festas.

Así, para este xoves, 26 de decembro, ten programada a función ‘Maruxiña’, de Laura Sarasola, inspirada no conto clásico de “Polgariña” de Andersen e cun toque de comedia, e que terá unha dobre función, ás 12.00 e ás 18.00 horas.
Pola súa conta, o venres 27 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar a representación 'Un traje nuevo para el emperador', obra galardoada co premio FETEN á Mellor Dramaturxia no ano 2023.

O sábado, 28 de decembro, será a quenda do espectáculo de monicreques, danza e visuais, ‘La gata que quería cambiar la historia’, unha peza baseada nun conto hindú e dirixida a todos os públicos.

Por último, e para poñer fin a este 2024, o ‘Circo de Nadal’ chegará ao Teatro Principal o 29 de decembro cunha dobre función, ás 17.00 e ás 19.00 horas. A compañía A Festa Escénica presentará a súa nova proposta, un espectáculo cheo de circo e coreografías que percorrerá durante 2025 os principais escenarios de Galicia.

0.16877603530884