O temporal obriga a cancelar os tradicionais desfiles escolares deste venres na capital ourensá

OurenseXa
Os nenos e nenas da cidade quedarán este ano sen poder gozar dunha das súas tradicións máis esperadas a causa das intensas choivas previstas para este venres
desfile-infantil-entroido-ourense
12 Feb 2026

O temporal de chuvia de vento obriga a cancelar un dos momentos máis esperados do Entroido de Ourense para os nenos e nenas da capital. Os desfiles escolares víronse a obrigados a suspenderse polas intensas choivas previstas para este venres.

Porén, mantense o programa de actividades tanto para a noite deste xoves como para o venres e, segundo as previsións meteorolóxicas, a choiva remitirá durante toda a xornada do sábado, día grande do entroido na cidade.

Con motivo da cancelación dos desfiles suspéndense tamén os cortes de tráfico previstos para a mañá deste venres pero mantéñense o resto, con restricións que afectarán especialmente ao casco histórico e á rúa Progreso até o vindeiro mércores.

Para manter a celebración da festa, a Concellería de Educación organiza a visita de charangas aos propios centros educativos, permitindo que o alumnado disfrute do Entroido a cuberto. En total realizaranse nove actuacións nos colexios que tiñan previsto participar nos desfiles dos barrios das Lagoas e do centro da cidade. A Charanga Noroeste actuará no CPR A Purísima, no CPR Cardenal Cisneros, no CPR Concepción Arenal e no CPR Maristas. Pola súa banda, a Charanga Europa visitará o CPR Manuel Luis Acuña e o CPR Luis Vives, mentres que a Charanga Nova de Trives acudirá ao CPI José García García, ao CEIP Mestre Vide e ao CEIP Curros Enríquez. Por outra banda, o desfile do barrio de Covadonga celebrarase o día 20 de febreiro.

⚙ Configurar cookies
0.083287000656128