Os 35 millóns destinados a mellorar os regadíos na Limia son o maior investimento do Goberno de España na “historia” da comarca, según o PSdeG
O PSdeG-PSOE de Xinzo destaca que os 35 millóns de euros destinados a mellorar os regadíos na Limia son o maior investimento do Goberno de España na “historia” da comarca. Coa sinatura entre o presidente de Seiasa e o presidente de regantes elévase a partida inicial dos 15,9 millóns iniciais aos 35 definitivos.
Dende o grupo municipal socialista confirman que o comezo das obras por parte de TRAGSA, empresa publica encargada de realizalas, “iniciaranse a partir do mes de abril, e prolongaranse durante dous anos”. Os e as socialistas apuntan a que seguinte fase, unha vez estean construídos os 40 pozos por parte da Xunta de Galicia, aos que aínda lles falta a electrificación para as bombas con 7 plantas fotovoltaicas, “cando se cumprirán os obxectivos que marcan os fondos europeos Next Generation para este proxecto”.
“Este investimento é unha aposta decidida do Ministerio de Agricultura, co ministro Luis Planas ao fronte, para o futuro desenvolvemento da comarca da Limia e dos seus produtores, que poderán ver diversificados os cultivos, cun proxecto eficiente, sostible e que aposta polo aforro enerxético e hídrico, permitindo saber en tempo real as necesidades hídricas e os controis fitosanitarios dos cultivos”, salienta a voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo, Elvira Lama Fernández.
Con este investimento, o novo regadío quedará dimensionado para 4.000 hectáreas, que se poderán incorporar a modernización. “Estamos falando dunha dimensión moi superior as 2.578 hectáreas iniciais que estaban contempladas no orzamento de 15, 9 millóns”, apuntan dende o PSOE de Xinzo. O incremento dos custes do materiais e a maior dimensión do proxecto fixo necesario incrementar a partida orzamentaria a máis do dobre por parte do ministerio.
“A modernización dos regadíos da Limia, trala agrupación das catro comunidades nunha soa con máis de 1800 propietarios, será unha realidade despois de longas xornadas de traballo e reunións entre regantes e as administracións implicadas, a saber Ministerio de Agricultura e Xunta de Galicia (aporta a quinta parte do investimento”, finaliza Lama Fernández.