Os agricultores e gandeiros volven a manifestarse en Ourense contra as políticas europeas

OurenseXa
Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e Asociación Agraria de Galicia convocan tractoradas e manifestacións en toda Galicia durante a xornada deste martes.
Tractores_ourense
O sector primario manifestase en Galicia contra as políticas de Bruselas
20 Feb 2024

Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e Asociación Agraria de Galicia convocan tractoradas e manifestacións en toda Galicia durante a xornada deste martes. As organizacións agrogandeiras galegas convocan concentracións “Polo futuro do sector produtor” de forma simúltanea en dez localizacións da xeografía galega.

En Ourense, as tractoradas están previstas tanto na capital coma no concello de A Gudiña.

Durante a xornada deste martesas movilizacións de gandeiros concentraranse tamén en Lalín, A Coruña, Santiago e Compostela, Ortigueira, Vimianzo, Lugo, Ribadeo e Pedrafita. A tavés destas concentracións os gandeiros buscan reivindicar:

  1. Prezos xustos para os seus produtos: a eliminación da especulación, e creación de índices de referencia dos custos de produción nos diferentes sectores, incluíndo unha remuneración digna do traballo das produtoras e dos produtores, e mecanismos para facer cumprir a lei da cadea alimentaria e acabar con prácticas e marxes abusivas.
  2. Rexeitamento dos tratados de libre comercio (Mercosur), que poñan en perigo as súas producións, e priorizar as súas producións fronte a terceiros países que comercializan coa UE.
  3. Eliminar a burocratización que nos asfixia: o Caderno Dixital, o Decreto de Ordenación de Explotacións Bovinas e o Decreto de Fertilización Sostible de solos.
  4. Adaptación dos ecoesquemas e da PAC á realidade da agricultura e gandaría galegas, pagos en función das persoas activas e non pola superficie.
  5. Importes suficientes para atender as solicitudes de produción en ecolóxico, así como a totalidade de expedientes de agroambiente e clima e as axudas de incorporación.
  6. Recuperación de terra agrícola e a súa especial protección, e apoios ao sector fronte a novos retos como os cambios no clima, novas enfermidades ou o encarecemento dos insumos e combustibles.
  7. Fomentar o acceso da poboación aos alimentos apoiando os mercados locais e os circuítos curtos.
  8. Mantemento da redución no prezo do gasóleo para o sector, así como as condicións do gasóleo agrícola profesional.
  9. Remuneración dos danos de fauna salvaxe (xabarín, lobo...), e do lucrocesante e da totalidade das perdas ocasionadas, que deben ser minimizadas.
  10. Creación da figura do mediador na negociación de contratos e posta en marcha de observatorios de prezos nos produtos agrogandeiros.

O conselleiro de Medio Rural, José González, defendeu esta mañá as protestas e recordou que "dende a Xunta de Galicia, ao igual que dende otras comunicades Autómas, levamos tempo manifestándolle ao Ministerio que estas lexislaciós son inasumibles”.

"Deixémonos de tratar de despistar e fixémonos no que están reclamando os nosos agricultores en gandeiros, que teñen que ver sobre todo coa necesidade de abordar a modificación ducha lexislación europea que está impoñendo múltiples trabas burocráticas que están asfixiando aos nosos agricultores e gandeiros e poñendo en perigo a súa viabilidade económica”, sinala o conselleiro. Ademais, defende que "España é unha potencia agroalimentaria debe liderar esta petición ante Europa ducha moratoria en toda esta lexislación en tanto que non se faga unha reflexión estratéxica do papel que ten que ter a agricultura e a gandeiría no conxunto do territorio".

González defende que esta lexislación fíxose a espadas do sector e que "non pode ser que teña a mismas condicións  para os territorios por exemplo dos Países Baixos que para rexións como Galicia”.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou que "dende o Goberno temos o máximo respecto ao dereito á manifestación e entendemos as preocupacións do sector. Como fíxemos dende o primeiro día o Goberno de España está ao seu carón, coñecemos os seus problemas  e trabállamos nas solucións. Demostrámolo destinando aos agricultores e gandeiros máis de catro mil millóns de euros en axudas extraordinarias e o evidenciamos agora elaborando 18 propostas sólidas e traballadas froito do diálogo e compromiso permanente co sector".

O delegado instou a que a Xunta de Galicia asuma a súa responsabilidade e busque solucións como a entidade pública e xestora que é. "Non se pode mirar a outro lado é momento de arrimar o ombro. Por iso agardo que o novo Goberno autonómico teña unha verdadeira implicación con medias concretas para resolver os problemas dos agricultores e gandeiros galegos".

Tamén, Pedro Blanco sinalou que dende o Goberno están abertos a colaborar coa Xunta e as organizacións agrarias para tentar de mellorar a situación do sector.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18768000602722